domingo, 5 de agosto de 2012
OS TEIXUGOS NO IV CAMPEONATO DE ESPAÑA DE JÓVENES PROMESAS
Este sábado celebrouse na localidade coruñesa de Dumbría unha tripla competición de slálom: IV Campionato de España de Infantís, III Campionato de España Infantil por Autonomías e a 1ª competición de Copa Galega de Promoción de Slálom.
As once da mañá deu comezo a última e máis importante competición da liga española de “Jóvenes Promesas”, na que compiten nenos e nenas nacidos no 1998 e 1999. O Club Deportivo Miño estivo representado por Clara González nas categorías C1 Infantil B, na que acadou a cuarta posición e K1 Infantil B onde quedou sexta, sendo a galega mellor clasificada. Brais Castro quedou oitavo en C1 Infantil A e foi o primeiro galego coa súa quinta posición en K1 Infantil A. Manuel Ochoa quedou noveno en C1 Infantil A e décimo terceiro en K1 Infantil A. Unhas posicións moi dignas tendo en conta que os clubs cataláns e vascos contan con moitos máis medios, tanto económicos coma deportivos.
As catro da tarde deu comezo a segunda competición da xornada, o III Campionato de España por Autonomías de patrullas. As patrullas son unha modalidade por equipos de slálom, os equipos están formados por tres piragüistas que saen xuntos e deben facer o circuíto no menor tempo posible e entrar na meta cunha diferenza non superior a 15 segundos entre o primeiro e o último palista. En C1 o equipo de Galicia, que estaba formado por Brais e Manuel do Teixugos e Martín do Dumbría, quedou en segundo lugar por detrás dun dos equipos de Cataluña; e en K1 o equipo galego integrado tamén por Brais e Manuel e Yoel do Tea de Mondariz quedou sexto por detrás de dous equipos vascos, dous cataláns e un equipo de Portugal, que tamén acudiu o Campionato.
Como remate da xornada tivo lugar 1ª competición de Copa Galega de Promoción de Slálom. A estas alturas xa se deberían ter celebrado a lo menos tres competicións máis, pero a falta de auga, os problemas económicos e a falta de interese por parte da Federación Galega de Piragüismo fan que esta sexa a primeira da tempada. Destacar que foi organizada por membros da Federación Española, non estando presente ningún membro da Federación Galega. O club Deportivo Miño acadou tres medallas de ouro dúas prata e dúas bronce. Na clasificación por Clubs quedou segundo por detrás do Club Municipal de Piragüismo de Dumbría.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario