domingo, 3 de febrero de 2013
IV TAÇA IBÉRICA DE SLÁLOM
Este domingo tivo lugar a primeira competición de slálom olímpico da tempada 2013. Aínda que estaba prevista para a pasada fin de semana, o mal tempo obrigou ao seu aprazamento.
Organizada polas federacións galega e portuguesa contou coa participación de cinco equipos galegos e cinco portugueses. Tomaron a saída un total de 150 piragüistas das categorías cadete, infantil, xúnior, sénior e veterano, nas modalidades K1, C1 e C2. Esta proba considérase tamén a primeira da Copa Galega de Slálom, polo que puntúa para a Liga Galega.
O Club Deportivo Miño tivo unha moi boa actuación, conseguindo tres medallas de ouro: Andrea Ucha en K1 Muller Xunior, Marina Ruedas en K1 Muller Cadete e Claudia Otero en C1 Muller Cadete; unha de prata para Claudia Otero en k1 Muller cadete e dúas de bronce para Brais Castro que fixo dobrete en K1 e C1 Home Cadete.
Na clasificación por equipos acadou o primeiro posto o Augas Bravas Clube de Portugal, cun total de 233 puntos, seguido polos Teixugos con 200 e no terceiro posto o ADA de Amarante con 183 puntos. Na Liga Galega os Teixugos acadan polo tanto a primeira posición seguido do Club Tea de Mondariz con 189 puntos, e no terceiro lugar quedaría o Penedo de Caldelas con 98.
Se queredes ver videos da xornada podédelo facer nos seguintes enlaces: 1, 2, 3 e 4
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario