Esta fin de semana celebrouse en
Mondariz Balneario a 2ª Competición da Copa de España de Slálom.
Aínda que inicialmente estaba previsto que tivera lugar en Padrón,
o alto caudal do río Ulla obrigou a Federación a un cambio de
emprazamento desta competición que forma parte da VIII Liga de
Slálom Olímpico Manuel Fonseca. Participaron un total de 15
equipos, dous deles da veciña Portugal, que aínda que competiron,
non puntuaron para a liga. Coma xa é habitual vascos e cataláns
dominaron a competición, aínda o nivel dos palistas galegos está
subindo ano a ano, e catro dos podios foron galegos.
O Club Deportivo Miño acudiu con un
total de nove deportistas, dos cales catro entraron oito en
semifinais e catro deron chegado as finais: Alejandro Ochoa oitavo
en C1 sénior home, Manuel Ochoa undécimo en K1 cadete home, Brais
Castro, que competiu en dúas categorías, rematou décimo en K1 e
cuarto en C1 cadete home e por último destacar impresionante papel
de Andrea González que acadou medalla de prata na categoría K1
xuvenil muller. Parabéns Andrea!!!
Na clasificación final por equipos o
club tomiñés rematou en quinto lugar, sendo o mellor clasificado
dos seis equipos galegos.
O vindeiro fin de semana celebrarase
na mesma localidade de Mondariz Balneario a 3ª Competición da Liga
Galega de Slálom, na que esperamos que os Teixugos fagan un gran
papel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario