domingo, 6 de abril de 2014
COPA DE ESPAÑA 2014-MONDARIZ
Esta fin de semana celebrouse en no concello Mondariz Balneario a 2ª competición da Copa de España de Slálom. O sábado tiveron lugar as clasificatorias con máis de douscentos participantes. Déronse clasificado para as semifinais do domingo Guillermo Martínez e Nicolás Ruedas en K1 Home sénior, Manuel Ochoa en K1 Home Cadete, Brais Castro en C1 e K1 Home Cadete, Andrea González en K1 Muller Júnior e Sara Vázquez en K1 e C1 Muller Júnior.
As nove da mañá do domingo comezaron as semifinais, cun altísimo nivel en tódalas categorías. A pesar da dificultade entraron nas finais os catro palistas do Club Deportivo Miño que nestes momentos están becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva: Andrea, Sara, Brais e Manuel.
Xa na final Brais Castro fíxose coa segunda posición, e polo tanto coa medalla de prata, en C1 Home Cadete e Manuel Ochoa foi bronce nunha apertadisima final de K1 Home Cadete.
Destacar o mérito dos palistas galegos que non contan con ningunha canle apropiada para adertrar, cousa da que si dispoñen vascos e cataláns.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario