lunes, 24 de agosto de 2015

CAMPIONATO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM- SABERO 22 DE AGOSTOS DE 2015





Esta fin de semana tivo lugar na localidade leonesa de Sabero o Campionato de España de Promoción de Slálom. Nestas competicións participan solo deportistas da categoría infantil, nenos e nenas nacidos nos anos 2001 ou 2002. Dentro desta categoría o Club Deportivo Miño Teixugos conta con Ariadna Pereira e Gabriel Alonso. Ambos deportistas participaron nas categoría de canoa e kaiak. Ariadna Pereira estivo rozando o bronce ao acadar dous cuartos postos en K1 e C1 muller infantil B. Pola súa banda Gabriel Alonso rematou décimo noveno en C1 infantil A home e vixésimo en K1 infantil A home.


Pola tarde celebrouse o campionato de España por autonomías na categoría de patrullas. Ariadna Pereira formou parte dun dos equipos da Federación Galega, xunto con Yasmina Díaz do Quixós e Lorena Costa do Dumbría, acadando este equipo unha medalla de bronce en K1 muller.


Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño rematou duodécimo xa que con so dous deportistas non é doado acadar puntos.


 


O domingo todos os Teixugos que acudiran a Sabero para adestrar participaron no Campionato de Slálom de Castilla León, outros equipos españois quedaron tamén nas ribeiras do Esla para participar neste campionato castelán, que non lles puntuou pero que lles valeu como adestramento e para traer algunha que outra medalla, tal e como atestiguan as fotos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario