Este domingo celebrouse en Cordeiro, Salvaterra do
Miño, a 1ª Copa Galega de Slálom, primeira das competicións oficiais de 2017. A
xornada caracterizouse por unha baixa participación, entre as filas dos
Teixugos destacaron as ausencias de Andrea González, Luís Fernández e Manuel
Ochoa, ao atoparse fóra da Comunidade Galega.
O Club Deportivo Miño acudiu con 10 deportistas nas
diferentes categorías. En K1 muller sénior Laura Soutelo rematou primeira e
Marina Ruedas foi segunda, Ariadna
Pereira cuarta en K1 júnior, Alba Soutelo foi segunda e Ainhoa Barreiro terceira en K1 muller infantil. En C1
infantil Samuel Castro rematou terceiro, en K1 infantil Sergio Martínez tamén
foi terceiro, e na categoría sénior Brais Castro foi segundo tanto en C1 como
en K1. Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño rematou no cuarto
lugar.
Destacar tamén a participación dos teixugos no XXIII
Slalom Internacional de Fridao, un clásico deste deporte que se celebra cada
ano nesa localidade portuguesa. Esta proba tivo lugar a pasada fin de semana e
nela Brais Castro acadou o segundo posto en canoa, por detrás do olímpico José
Carballo.
A próxima cita será o 4 e 5 de marzo en Mondariz, onde
se celebrará a 1ª Copa de España e 2ª Copa Galega.
Para ver as imaxes premer na foto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario