Espectáculo
puro foi o que deron as principais figuras do piragüismo de augas bravas do panorama
nacional esta fin de semana en Mondariz coa celebración da primeira das
competicións da Liga Española de Slálom. Máis de 150 deportistas acudiron a cita nas
augas do río Tea. Este ano as competicións teñen lugar en dúas xornadas, con
clasificatorias e finais en ámbolos dous días, resultando as clasificacións da
suma de puntos obtidos nos dous días.
O Club
Deportivo Miño-Teixugos participou con doce dos seus integrantes.
En K1 sénior feminino, Andrea González foi a mellor galega no décimo
terceiro lugar, Marina Ruedas e Laura Soutelo remataron décimo oitava e décimo
novenas respectivamente; nesta categoría resultou gañadora a campioa olímpica
Maialen Chorrault, invencible coma sempre.
En K1 Júnior
Feminino Laura Vaquero rematou no quinto lugar. Ariadna Pereira tivo
participación dobre, en C1 e K1 Cadete feminino, rematando quinta nas dúas
modalidades.
En C1 Sénior Luís Fernández obtivo o mellor resultado
para o piragüismo galego ao facerse coa
medalla de prata, solo superado polo olímpico Ander Elosegui. O sábado Luís
entrou en finais e rematou terceiro, o domingo fixo tamén finais e nunha
espectacular baixada rematou segundo. A suma de puntos e tempos valeulle a
medalla de prata na categoría reina masculina. Brais Castro tamén entrou nas
dúas finais, rematando sétimo, un moi bo posto tendo en conta que é o seu
primeiro ano como sénior. Nesta mesma categoría
Alejandro Ochoa, quedou décimo sexto.
A segunda medalla foi para Emilio Rodríguez en K1 Veterano.
O segundo posto do sábado e o primeiro de domingo, fixeron que no cómputo final
de puntos Emilio se alzara coa medalla de ouro.
En K1 sénior Manuel Ochoa, tamén no seu primeiro ano
na categoría máxima, non tivo moita fortuna pois quedou as portas de finais nos
dous días, rematando finalmente décimo. Na mesma categoría Alejandro Ochoa e
Guillermo Martínez acabaron nos postos trixésimo segundo e trixésimo terceiro.
Pechou a participación dos Teixugos Marco Patiño en K1
Júnior cunha vixésima posición.
Na clasificación final por equipos o Atlético San
Sebastián foi o gañador, seguido polo Cadí
e o Santiagotarrak .O Deportivo Miño acadou o sexto lugar.
Para ver tódalas fotos preme nunha imaxe e na outra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario