Esta fin de semana celebrouse na canle olímpica da Seu D´Urgell o Campionato de España de “Jóvenes Promesas”, co que se pecha a “ XII Liga Española de Jóvenes Promesas de Slálom”, onde competiron deportistas das categorías Infantil e Cadete de toda España. Durante a mañá do sábado cada deportista fixo dúas
baixadas, das que contaba só a mellor, o domingo pola mañá outras dúas,
contando tamén a mellor das dúas. O resultado final do campionato ven dado pola suma dos postos do sábado e do domingo.
Cinco foron os deportistas dos Teixugos que acudiron a esta cita. A primeira medalla foi para Ariadana Pereira que en K1 Cadete onde rematou terceira. En K1 Infantil-B Muller Ainhoa Barreiro foi sétima e Alba Soutelo décima, as mesmas deportista participaron tamén en canoa, rematando Alba quinta e Ainhoa octava. Na categoría Infantil-B Home C1, Samuel Castro acadou medalla de prata e Sergio Martínez foi quinto, na mesma categoría, pero K1, Sergio foi segundo, medalla de prata, por tanto, e Samuel noveno.
Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño rematou na quinta posición.
O sábado pola tarde celebrouse tamén o Campionato de España de patrullas ou slálom por equipos, no que os Teixugos, formando equipos con palistas de varios clubs galegos representando a Federación Galega, acadou dúas novas medallas. En C1 Infantil a patrulla da federación galega na que participaba Samuel Castro dos Teixugos, xunto con Brais Caride e Yoel Costales do Penedo de Tui, quedou en segundo lugar; na mesma categoría, a patrulla formada por Sergio Martínez dos Teixugos, Hipólito Alves do Penedo e Darío Mínguez do Tea foi cuarta. En K1 Infantil a patrulla que integraba a Sergio Martínez foi cuarta e a de Samuel octava. En K1 Infantil feminino, a patrulla formada por Ainhoa e Alba dos Teixugos xunto a Rosana Bernárdez do Tea acadou a medalla de bronce.
No hay comentarios:
Publicar un comentario