O Club Deportivo Miño-Teixugos recibiu nesta ocasión tres galardóns.
O canoísta Luís Fernández recibiu o premio a mellor deportista masculino sub-23 por o que foi o mellor ano da súa carreira. Este ano formou parte do equipo nacional sub- 23 e absoluto de slálom, na modalidade de canoa. En setembro conseguiu unha medalla de prata por equipos no Campionato do Mundo absoluto celebrado na Seu D´Urgell, sendo a primeira medalla nun mundial absoluto para o slálom galego. Esta medalla e os bos resultados obtidos en diferentes competicións fixeron que a Federación Galega lle outorgara o premio ao mellor Deportista Galgo sub-23.
Por outra banda o Club Deportivo Miño-Teixugos recibiu o premio ao mellor club galego de slálom, premio que subiu a recoller o presidente Pablo Pousa.
Finalmente Manuel Ochoa recibiu unha mención especial da Federación pola súa medalla de bronce na modalidade de equipos ou patrullas no Campionato do Mundo sub-23, celebrado en xullo en Cracovia.
Inmellorable balance para os Teixugos nesta Gala do Piragüismo Galego cos tres galardóns acadados. Agora toca facer frente a tempada 2020 e intentar mellorar os fantásticos resultados desta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario