Este sábado, en Dumbría, as augas do río Xallas acolleron a cuarta competición das Copas Galegas de Promoción do Slálom. O club Deportivo Miño acudiu cun gran equipo formado por once deportistas, moitos dos cales repetiron participación ao competir en caiac e canoa.
En C1 Infantil feminino o podio estivo dominado polas teixugas, ouro para Leila Álvarez, prata para Nerea Álvarez, bronce para Catalina Sánchez e cuarto posto para Beatriz Sánchez. En K1 Infantil feminino repítese podio teixugo, Leila conseguiu o seu segundo ouro, Rita Olveira a prata, Nerea o bronce, Catalina cuarta e Beatriz quinta.
En C1 infantil masculino Lois Montenegro rematou cuarto. En K1 infantil masculino Lois conseguiu a medalla de bronce, Izan Vicente foi sexto e Leo Álvarez sétimo.
Na categoría alevín masculino, Roque Olveira acadou o ouro tanto en caiac como en canoa, dominando na categoría con moita claridade.
Na categoría benxamín solo se baixa en K1, Iria Álvarez e Brais Vicente conseguiron a prata nas categorías feminina e masculina respectivamente.
Catro medallas de ouro, catro de prata e tres de bronces son un balance impresionante para o club, pero o máis importante é que ao longo dun día nenos e nenas de toda Galicia viviron unha xornada de deporte, deportividade, superación, amizade e convivencia.
Na clasificación xeral por clubs o Deportivo Miño-Teixugos foi o gañador da proba cun total de 295 puntos, compartindo podio co Penedo-Te Importa de Tui que foi segundo con 192 puntos e o Montaña Quixós de Monforte que con 179 puntos, foi terceiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario