Esta fin de semana tivo lugar en Covas, Vila Nova de Cerveira, a VIII Taça Ibérica de Slálom, un evento que medra ano a ano e que revoluciona esta pequena aldea cerveirense. Ao longo de dous días máis de 100 deportistas galegos, portugueses e leoneses mostraron as súas destrezas nas augas do río Coura.
Na tarde do sábado tivo lugar a proba
clasificatoria con máis de 150 embarcacións , na que os participantes nos obsequiaron cunhas baixadas
espectaculares. O nivel dalgúns dos deportistas foi moi alto o que fixo que
moitos se quedaran fóra das finais, a pesar de obter unhas moi boas posicións,
ao marcar estes o tempo de corte. Tal foi o caso de Marina Ruedas e Laura
Alonso que a pesar de rematar terceira e quinta en K1 sénior feminino non
entraron nas finais.
Ao longo da mañá do domingo disputáronse as
finais nas que destacaron as actuacións do canoísta olímpico José Carvalho, do
ADA de Amarante, gañador en C1 sénior e que marcou o mellor tempo da xornada e
a do segundo mellor tempo marcado por o tamén portugués Iván Silva do ABC de
Amarante en K1 sénior.
Os Teixugos, un dos organizadores de este
evento, acudiu con doce deportistas a medir forzas nas augas bravas do Coura.
Sergio Martínez fíxose con dúas pratas en K1 e C1 infantil. O seu compañeiro
Samuel Catro foi ouro en C1 infantil e rematou cuarto en K1. Marco Patiño foi
sexto en K1 júnior. Na categoría K1 sénior Brais Castro foi sétimo, Emilio
Rodríguez décimo e Guillermo Pereira décimo quinto. En C1 sénior Brais acadou a
quinta praza. Aihoa Barreiro foi prata en K1 e C1 infantil e na mesma categoría
Alba Soutelo bronce en K1 e ouro en C1. Ariadana Pereira fíxose co bronce en K1
cadete.
Por equipos o gañador foi o ABC con 270
puntos, seguidos do C.P. Penedo de Caldelas con 251 e o Tea de Mondariz con 247.
Os Club Deportivo Miño rematou cuarto con 223puntos.
Para ver tódolos resultados preme AQUÍ
FOTOS 1FOTOS 2
No hay comentarios:
Publicar un comentario