Esta
fin de semana tivo lugar na canle do Parc Olimpic do Segre, na Seu D´Urgell, a
2ª Copa de España de Slálom Olímpico, pertencente a Liga Española de Slálom. As
competicións da Liga de Slálom teñen lugar ao longo de dous días, sábado e
domingo, celebrándose en cada un deles clasificatorias e finais. O resultado
final obtense coa suma dos postos obtidos nos dou días.
O
Club Deportivo Miño participou nesta ocasión con oito dos seus deportistas,
obtendo uns moi bos resultados, volvendo de LLeida con dúas medallas de prata.
En
K1 sénior feminino, Andrea González e
Marina Ruedas remataron décimo quinta e décimo sexta, respectivamente, unhas
posicións do máis dignas nesta complicada canle e nunha tempada na que apenas
levan adestrado porque os seus estudos non llo permiten.
En
K1 cadete feminino Ariadna Pereira foi sétima, despois de dúas baixadas algo
lentas pero sen case penalizacións.
En
C1 sénior chegou a primeira medalla para os Teixugos da man de Luis Fernández.
Luis rematou segundo tanto sábado como domingo, o que lle valeu a medalla de
prata da máxima categoría, solo superado polo olímpico Ander Elosegui. Medalla
de prata que sabe a ouro tendo en conta a idade de Luís, este é o seu segundo
ano de sénior, e que ademais acusa unha pequena lesión no seu ombreiro.
Tamén
en C1 sénior, Brais Castro, que se estrea este ano na categoría, rematou noveno. O sábado fixo unha moi boa
baixada coa que deu entrado en finais e rematou sétimo, o domingo quedou fóra por
moi pouco, rematando décimo.
En
K1 veteranos chegou a segunda medalla da man de Emilio Rodríguez, que tanto o sábado coma o
domingo fixo dúas moi boas baixadas que lle valeron o segundo posto por detrás
de Carles Juanmartí do Cadí, o club local.
En
K1 sénior, Manuel Ochoa , tanto sábado como domingo fixo finais, rematando
finalmente quinto na categoría máis numerosa desta competición, un posto con
moito mérito se se ten en conta o altísimo nivel dos competidores, con apenas
décimas de segundo de diferenza nos quince primeiros postos, e que ademais, ao
igual que Brais , este é o seu primeiro ano na categoría.
O
último dos teixugos en participar foi Marco Patiño, en K1 júnior, que fixo dúas
baixadas algo lentas, pero con moi poucas penalizacións, que lle valeron a
décimo sétima posición.
Na
clasificación final por equipos, o Club Deportivo Miño, foi o mellor dos clubs galegos coa súa sexta
posición.
A
seguinte competición da liga XII Liga de Slálom Olímpico “Manuel Fonseca” será
o 6 e 7 de maio, no mesmo lugar.
Para ver os resultados preme AQUÍ
Para ver os resultados preme AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario