Esta
fin de semana tivo lugar en Cordeiro, no concello de Salvaterra a 2ª
Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom, liga na que participan os
máis pequenos de clubs galegos e portugueses. O Club Deportivo Miño acudiu ao
evento con 12 pequenos deportistas, moitos dos cales dobraron, facendo baixada
en cáiac e canoa.
Cinco
foron as medallas que os Teixugos acadaron nesta xornada, algunhas menos das
esperadas, pero que non quitaron nin ilusión nin ganas aos máis pequenos e
pequenas do Club.
A
mellor participación do club foi a de Ainhoa Barreiro cunha medalla de ouro en C1 e
unha de prata en K1 muller infantil. Samuel Castro foi prata en C1 Home
Infantil. Sergio Martínez acadou o bronce en K1 Home Infantil e bronce tamén
para Alba Soutelo en C1 Muller Infantil.
Na
clasificación final por clubs o Club Penedo de Tui declarouse gañador cun total
de 216 puntos, seguido do Club Tea de Mondariz con 189, terceiro foi o Piragüismo
Dumbría con 178 e xa no cuarto lugar os
Teixugos con 174.
Para ver imaxes da xornada preme AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario