Esta fin de semana celebrouse a 3ª Copa de
España de Slálom na canle olímpica da Seu D´Urgell. A expectación e participación
foron máximas xa que ademais as probas forman parte do selectivo nacional para
os equipos Júnior, Sub-23 e sénior. O Club Deportivo Miño acudiu nesta ocasión
con 5 piragüistas.
Andrea González rematou décimo primeira en K1
sénior e Ariadana Pereira foi oitava en K1 cadete.
Manuel Ochoa rematou décimo primeiro na
categoría K1 sénior, a máis numerosa da competición.
Brais Castro rematou sexto en C1 sénior, un bo
posto tendo en conta que é o seu primeiro ano na categoría.
Tamén en C1 sénior, Luís Fernández foi o terceiro clasificado,
obtendo por tanto a medalla de bronce. Luís gañou tamén nesta competición o
dereito a participar nos selectivos que se celebrarán a semana que ven na canle
da localidade francesa de Pau, e no que
ten moitas posibilidades de entrar tanto no equipo sub-23 como sénior.
Na clasificación xeral por equipos, que gañou
o Cadí Canoe Kayak, club local, o Club
Deportivo Miño rematou na novena posición. O mellor club galego foi o Penedo na
sexta posición.
Bronce para Luís |
No hay comentarios:
Publicar un comentario