domingo, 24 de enero de 2016
VII TAÇA IBÉRICA DE SLALOM
Esta fin de semana tivo lugar en Azenha de Pagade, na localidade lusa de Covas, a VII Taça Ibérica de Slálom, coa que se abre a tempada de piragüismo na modalidade de augas bravas, tanto a nivel autonómico galego como nacional portugués. Nesta xornada de convivencia participaron os clubs galegos e portugueses máis importantes.
Durante a tarde do sábado celebráronse as eliminatorias, cun circuíto difícil e de moi alto nivel, polo que moitos deportistas xa quedaron eliminados de finais ao non superar o tempo de corte.
Ao longo da mañá do domingo tiveron lugar as finais, cos seguintes gañadores; na modalidade de kaiak ou k1masculino: en Infantil, Eduardo Teixeira do ADA de Amarante; en Cadete, Jorge Quintáns do Club Sensiras de Dumbría; en Júnior, Manuel Ochoa dos Teixugos; en Sénior, Ivan Silva do Augas Bravas Club de Amarante; e en Veterano Aaron Rey do Club Sensiras de Dumbría. Na modalidade de kaiak ou k1 Feminino : en Infantil, Ariadna Pereira dos Teixugos; en Cadete Ainhoa Lameiro do C.P. Penedo de Caldelas; e en Sénior Andrea González dos Teixugos. Na modalidade de canoa ou C1 masculino: en Infantil, Borja Martinez CP Penedo de Tui; en Cadete, Miguel Olaya do CP Penedo; en Júnior, Brais Castro dos Teixugos; e en Sénior José Carvalho do ADA Amarante. E finalmente, na modalidade de canoa ou C1 feminino: en Infantil, Ariadna Pereira dos Teixugos; en Cadete, Ainhoa Lameiro do CP Penedo de Caldelas; e en C1 Sénior Lara Silva do Augas Bravas Club de Amarante.
A vista dos resultados as cousas non puideron ir mellor para os Teixugos, o Club Deportivo Miño, rematou con cinco medallas de ouro, curiosamente, non acadou ningunha de prata ou de bronce.
Na clasificación final por clubs quedou en primeiro lugar o Augas Bravas Club de Amarante, segundo O Club Deportivo Miño-Teixugos e terceiros o CP Penedo de Caldelas.
Destacar destas dúas xornadas o elevado nivel dos deportistas participantes e a impecable organización da mesma.
domingo, 27 de diciembre de 2015
COMPETICIÓN AMISTOSA EN COVAS- 27-12-2015
Tres clubs, Tea, Darque e Teixugos, celebraron unha competición amistosa este domingo no río Coura, na localidade portuguesa de Covas.
O ambiente foi do máis lúdico e festivo, nenos e nenas de tódalas idades e categorías competiron como preparación para a tempada 2016, que dará comezo o 23 e 24 de xaneiro coa Taça Ibérica de Slálom.
O ambiente foi do máis lúdico e festivo, nenos e nenas de tódalas idades e categorías competiron como preparación para a tempada 2016, que dará comezo o 23 e 24 de xaneiro coa Taça Ibérica de Slálom.
lunes, 24 de agosto de 2015
CAMPIONATO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM- SABERO 22 DE AGOSTOS DE 2015
Esta fin de semana tivo lugar na localidade leonesa de Sabero o Campionato de España de Promoción de Slálom. Nestas competicións participan solo deportistas da categoría infantil, nenos e nenas nacidos nos anos 2001 ou 2002. Dentro desta categoría o Club Deportivo Miño Teixugos conta con Ariadna Pereira e Gabriel Alonso. Ambos deportistas participaron nas categoría de canoa e kaiak. Ariadna Pereira estivo rozando o bronce ao acadar dous cuartos postos en K1 e C1 muller infantil B. Pola súa banda Gabriel Alonso rematou décimo noveno en C1 infantil A home e vixésimo en K1 infantil A home.
Pola tarde celebrouse o campionato de España por autonomías na categoría de patrullas. Ariadna Pereira formou parte dun dos equipos da Federación Galega, xunto con Yasmina Díaz do Quixós e Lorena Costa do Dumbría, acadando este equipo unha medalla de bronce en K1 muller.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño rematou duodécimo xa que con so dous deportistas non é doado acadar puntos.
O domingo todos os Teixugos que acudiran a Sabero para adestrar participaron no Campionato de Slálom de Castilla León, outros equipos españois quedaron tamén nas ribeiras do Esla para participar neste campionato castelán, que non lles puntuou pero que lles valeu como adestramento e para traer algunha que outra medalla, tal e como atestiguan as fotos.
domingo, 2 de agosto de 2015
CAMPIONATO DE ESPAÑA, ORTHEZ 1 E 2 DE AGOSTO DE 2015
Esta fin de semana celebrouse na localidade francesa de Orthez o Campionato de España de Slálom Olímpico. Esta é a derradeira e máis importante competición da Liga Española de Slálom Olímpico “Manuel Fonseca” . Sábado e domingo fixeron as súas baixadas na canle francesa os mellores piragüistas de augas bravas de España .
O club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con sete deportistas que fixeron un moi bo papel. Destaca sobre todo a medalla de prata acadada por Manuel Ochoa en K1 xuvenil Masculino. Brais Castro rematou cuarto na mesma categoría e sexto en C1 xuvenil. Laura Alonso e Andrea González empataron no décimo posto en K1 sénior e Laura Soutelo obtivo a mesma posición en K1 xuvenil. Emilio Rodríguez rematou vixésimo primeiro en K1 sénior e Marco Patiño vixésimo terceiro en K1 cadete.
Na clasificación por equipos os Teixugos remataron na quinta posición, sendo o club galego mellor clasificado.
Con esta competición remata a Liga Española de Slálom Olímpico deste ano, na que cabe destacar o auxe dos representantes galegos nun deporte que tradicionalmente dominaban vascos e cataláns, e iso que Galicia non conta con ningunha canle para a práctica do slálom.
martes, 30 de junio de 2015
CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM, PADRÓN 28 XUÑO DE 2015
Este domingo celebrouse en Padrón, nas augas do río Ulla, o Campionato Galego de Slálom, a competición
máis importante da Liga Galega de slálom. Participaron clubs galegos e portugueses, aínda que estes
últimos non contaban para o medalleiro.
A competición tivo lugar ao longo de todo o día. O Club Deportivo Miño-
Teixugos participou con 8 piragüistas, moitos dos cales participaron en dúas
modalidades ,canoa e kaiak.
Remataron como campionas galegas Andrea González en K1 sénior, Sara Vázquez
en C1 sénior e Marina Ruedas en K1 júnior. Acadaron medallas de prata Laura
Soutelo en K1 júnior, Brais Castro en C1 júnior e Manuel Ochoa en K1 júnior; e foron bronce Sara
Vázquez en K1 sénior, Emilio Rodríguez en K1 sénior, Brais Castro en K1 júnior
e Laura Alonso en C1 sénior.
Na modalidade de patrullas, tanto o equipo feminino, formado por Laura
Alonso, Andrea e Sara, coma o masculino, formado por Brais, Manuel e Emilio,
resultaron gañadores, e por tanto, campións galegos.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou segundo
por detrás do Club Tea de Mondariz.
Máis fotos AQUÍ
lunes, 15 de junio de 2015
3ª COPA DE ESPAÑA 2015-PONTS
Esta fin de semana o Club Deportivo Miño- Teixugos fixo fronte a súa
segunda competición na Liga Española de slálom olímpico. A sorte non estivo do
lado dos Teixugos na localidade catalá de Ponts, aínda que os postos acadados
serían impensables fai uns anos.
Este ano a Federación cambiou o sistema de competición, tendo lugar en dous
días, sumándose os postos obtidos, de tal maneira que un primeiro posto suma
cero puntos, un segundo dous, un terceiro tres, e así sucesivamente.
Os Teixugos acudiron con 5 piragüistas a esta Copa de España: Emilio
Rodríguez, Andrea González, Brais Castro, Manuel Ochoa e Marco Patiño.
Emilio rematou no posto 22 na categoría K1 sénior home e Marco Patiño foi vixésimo
oitavo en k1 cadete home.
Andrea González quedou décima o sábado e oitava no domingo, resultando
oitava na final de k1 muller sénior. O mesmo posto obtivo Brais Castro en C1
home xuvenil home despois de ser sétimo o sábado e oitavo o domingo. Brais fixo
dobrete, e participou tamén en k1 xuvenil home onde foi undécimo, cun décimo posto
o sábado e un sétimo o domingo.
Manuel Ochoa o sábado rematou terceiro e o domingo décimo, despois de que
un erro nos cronómetros lle obrigara a repetir a súa baixada; acabando cun
quinto posto en k1 home xuvenil.
A X Liga de Slálom Olímpico Manuel Fonseca rematará o 1 e 2 de agosto na
localidade francesa de Orthez coa celebración do Campionato de España
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



