O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con dez deportistas.
Rita Oliveira, en K1 muller benxamín, rematou en cuarto lugar. Leila Álvarez, k1 muller alevín, acadou a medalla de bronce; na mesma categoría, Nerea Álvarez foi cuarta. En k1 home pre-benxamín, Nicolás Piñeiro conseguiu a medalla de prata e Roque Oliveira o bronce. Outra prata máis para Lois Montenegro en K1 benxamín, e, na mesma categoría, Tiago Rey foi sétimo e Martín Vicente oitavo. En k1 home alevín, Iván Cruz acabou en novena posición. Pedro Lomba, en K1 infantil, foi quinto.
Catro medallas para os pequenos teixuguiños nesta 5ª Copa Galega, aínda que o máis importante destas competicións e facer deporte e amizades.
Na clasificación final por equipos, o club Deportivo Miño rematou en cuarto lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario