Entre os integrantes dos catorce deportistas que representaban a España, atopábanse Luís Fernández e Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos.
Luís Fernández participou na modalidade de canoa ou C1. O venres fixo fronte as clasificatorias xunto con outros 52 deportistas de 24 países. Entraban os 20 mellores tempos, e a piques estivo de logralo, pero un toque na porta 21 deixárono fora a décimas de segundo de conseguilo. Na re pesca xogábanse dez novas prazas para semifinais, unhas das cales foi para o Luís, ao rematar quinto.
O domingo, o deportista de Salceda, fixo a súa baixada de semifinais, buscando ser un dos dez finalistas, pero tres toques e unha penalización de cincuenta segundos deixárono fóra. Rematou a copa do mundo vixésimo oitavo.
Manuel Ochoa participou en caiac ou K1. Nas clasificatorias do venres 68 deportistas de 33 países intentaron facerse cunha das trinta prazas de semifinais que se xogaban nesta primeira ronda. Un toque na primeira porta deixouno fóra a menos dun segundo de acadalo. Na re pesca fixo unha baixada sen penalizacións, entrando en semifinais in extremis, co décimo tempo.
O sábado nas semifinais, fixo un percorrido sen penalizacións, pero algúns pequenos fallos no trazado deixárono fóra de finais. Rematou a copa do mundo vixésimo primeiro.
O tomiñés tamén forma parte do equipo español de slálom extremo. Na tarde do sábado celebrouse a contra reloxo, na que os 72 participantes buscaron unha das trinta e dúas prazas para os enfrontamentos da competición propiamente dita. Clasificaban os vinte mellores tempos e as doce prazas restantes asignábanse por países, entre os que non entraron nos vinte primeiros. Manuel fixo unha baixada impresionante, clasificándose co segundo mellor tempo. Despois desta fase, os clasificados pasan a enfrontarse de catro en catro, pasando a seguinte os dous primeiros. No seu primeiro enfrontamento, Manuel gañou a súa serie de forma rápida e clara. No segundo enfrontamento, xa non foi tan ben, a piques estivo de conseguilo entrando segundo, pero viuse superado no último momento polo participante italiano. Rematou esta copa en décimo lugar, colocándose entre a elite mundial desta modalidade.
Xunto a Luís e Manu, outra galega forma parte do equipo nacional. Ainhoa Lameiro, do Club Penedo de Tui, participou na modalidade de C1, na que rematou décimo terceira, moi preto de acadar finais.
Tanto Luís como Manuel terán a súa derradeira participación internacional da tempada esta vindeira fin de semana na canle do Segre Parc, na Seu D´Urgell, onde se celebrará a Copa do Mundo Final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario